Quen somos?

A FMC é a organización política-xuvenil que se guía polos principios do marxismo-leninismo e do internacionalismo proletario, cuxo obxectivo é organizar á mocidade galega na loita polos seus dereitos e pola emancipación da clase traballadora. A FMC é a escola política que educa aos mozos no marxismo-leninismo, que lles ensina que o único camiño científico mediante o cal se conseguirá a plena liberación dos traballadores é o marxismo. A teoría marxista é a arma ideolóxica que, levada á práctica, libera a todos os homes do xugo explotador e desenvolver todas as facetas creadoras deste e brinda á xuventude un futuro cheo de esperanzas. Neste sentido, a nosa misión é ensinar á mocidade a teoría e a práctica marxista e ir desenrolando a nosa organización por toda a xeografía do Estado español. A FMC é unha organización que nace do pobo e que traballa para o pobo.

Existe unha concatenación, un vínculo formal, entre a FMC e o Partido da clase obreira española: o PCOE, o cal se guía polos mesmos principios cá FMC. Desta colaboración estreita co Partido benefíciase a clase obreira e a mocidade, pois é innegábel que a experiencia dos camaradas do PCOE cohesionada co dinamismo da mocidade, consolidará de vangarda na loita hacia unha sociedade socialista.
Así pois, o desenrolo da Federación da Mocidade Comunista e a extensión dista po todos os recunchos do Estado Español, coma aparato locomotor da xuventude galega e española e coma fronte de masas xuvenís do Partido Comunista Obreiro Español, é unha necesidade vital na loita pola emancipación da clase obreira e para a construción do socialismo e o comunismo.

A FMC: Unha necesidade

Nunha sociedade dividida en clases, a mocidade é un elemento fundamental na loita antagónica entre elas. Xeralmente, son os mozos os que se atopan sempre á vangarda das loitas contra todo tipo de opresión.
Debemos saber que nesta loita non abonda coas ideas, senón que tamén é necesaria a organización. Xa dicía o Che que “Se non existe organización, as ideas, despois do primeiro momento de impulso, van perdendo eficacia”. A mocidade necesita organizarse politicamente para conseguir as súas aspiracións e levar a cabo a loita en defensa dos seus intereses de clase xunto cós demais traballadores; ten que tomar parte activa na loita de clases. Asumir o seu papel de protagonista e recoñecerse coma suxeito revolucionario.

A mocidade é o sector da sociedade máis rebelde, ningún proceso revolucionario poderá realizarse en ningún país se os mozos non toman parte activa na loita. Por iso, dende a FMC, tratamos de crear conciencia, tratamos de espertar á mocidade e mostrarlle todo o que debe ser cambiado. A nosa escravizada posición non se debe a determinadas políticas neoliberais ou a unha determinada política económica, non: somos escravos do capitalismo. Por iso tócanos asentar as bases para a construción dunha nova sociedade: unha sociedade socialista. Agora tócanos sementar o xerme da revolución. Agora tócanos unirnos.

Dende aquí queremos convidar a calquera mozo de calquera lugar a que lea e estude o noso Programa, co fin de que coñeza en profundidade as nosas ideas.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
Federación de Jóvenes Comunistas de España